Fabricación e venda de produtos en madeira

Exfopino especialízase na fabricación e venda de produtos en madeira, especialmente de piñeiro e castiñeiro pola súa gran calidade. Dispoñemos dunha ampla de gama de produtos adaptados ás necesidades dos nosos clientes, que abarcan sectores que van desde a construción ata a fabricación de mobles a medida.

Que facemos?

En Exfopino elaboramos principalmente produtos en madeira pensados para o uso final que o cliente desexe, desde o máis tradicional en obras de restauración, ata o máis actual e vangardista en obra nova.

Pídenos orzamento

Gustaríache coñecer os nosos produtos?

Ofrecémosche unha ampla gama de produtos de madeira en diferentes grao de acabado, incluíndo vigas, tarimas, marcos, frisos, laminados, madeira para embalaxes...

Se buscas produtos en madeira, non dubides en contactarnos e explorar como podemos colaborar no teu próximo proxecto.

Blank notebook on the table next to cardboard boxes and calculat

Sobre Nós

En Exfopino, como verdadeiros profesionais, valoramos e coidamos a nosa principal ferramenta de traballo: a madeira. A materia prima que utilizamos provén na súa maioría dos ricos bosques de Galicia.

A nosa empresa involúcrase en todo o proceso da madeira, desde a explotación responsable dos bosques ata a transformación final e a instalación. Aproveitando ao máximo cada árbore nun proceso de produción completamente limpo, contribuímos activamente á xestión sostible dos recursos e ao desenvolvemento forestal.

Logos

Visítanos

Antequeira, s/n - 15911 Rois (A CORUÑA)

Teléfono

+ (34) 981 804 372
Fax: + (34) 981 109 808

Email

info@exfopino.com